Noticias

Programa Deportivo de Verán 2018

O Concello de Monforte pon en marcha o Programa Deportivo de Verán 2018 que este ano contará cun gran número de actividades durante os meses de xullo e agosto. Todas elas están organizadas tanto directamente polo Concello de Monforte, como polos Clubs e Entidades Deportivas que colaboran con Sistema Deportivo Local.

Coa posta en marcha deste programa, o Concello ofrece unha alternativa lúdica, deportiva e de lecer para os nenos de Monforte durante as súas vacacións escolares. Son un conxunto de actividades físico deportivas coas que vai ser posible inculcarlles hábitos de vida saudables. Por outra parte, os rapaces poderán desenvolver as súas habilidades sociais e de relación cos demais a través do deporte. Outro dos obxectivos é fomentar valores como a autoestima, tolerancia e a superación, entre outros.

A administración municipal tamén pretende contribuír á conciliación da vida laboral e familiar en época de vacacións escolares.

As actividades que forman parte do Programa Deportivo de Verán 2018 son:

 

  • Campamento Deportivo de Verán durante o mes de xullo, distribuído en dúas quincenas.
  • IV Depor Campus – Monforte, do 23 ó 27 de xullo.
  • XII Campus de Fútbol Cidade de Monforte – R.C. Celta de Vigo, do 6 ó 10 de agosto.
  • Torneo de Volei Praia Club Korbis – Club Fluvial, 27, 28 e 29 de xullo
  • Campus de Volei Praia Club Korbis – Club Fluvial, do 3 de xullo ó 10 de agosto
  • Campus de Ximnasia Rítmica, do 6 ó 10 de agosto
  • V Campus de Voleibol Ribeira Sacra Monforte, do 20 ó 24 de agosto
  • VII Campus de Baloncesto Cidade de Monforte, do 27 ó 31 de agosto
  • Cursos de tenis durante os meses de xullo e agosto
  • Actividades dirixidas e cursos de natación na Piscina Climatizada Municipal durante os meses de xullo, agosto e setembro.

MAIS INFORMACION NA WEB DO CONCELLO  http://www.monfortedelemos.es