NOTICIAS Terra de Lemos

ENTROIDO 2018

O CONCELLO DE SOBER CONVOCA O CERTAME DE COPLAS DE ENTROIDO 2018

Haberá premios con dotación económica para os tres mellores traballos. O prazo para anotarse estará aberto ata o 30 de xaneiro

O Concello de Sober vén de convocar o certame de coplas de entroido 2018. Tal e como recollen as bases, publicadas na web oficial do Concello, poderá participar neste certame calquera persoa ou grupo, independentemente da súa idade.

A finalidade deste certame é que se poña de manifesto, de xeito crítico e humorístico, os feitos sucedidos durante o ano.

As coplas irán representadas en estrofas en verso e o contido debe ter unha boa carga crítica, pero sempre dentro do respecto. Os traballos terán que facer referencia a acontecementos de actualidade, principalmente relacionados con Sober e coa Ribeira Sacra.

30 de xaneiro

O prazo de presentación rematará o martes 30 de xaneiro. Os traballos deberán ser entregados na Biblioteca Pública Municipal de Sober ou no Concello de Sober. Haberá premios para os tres mellores traballos valorados en 200 euros, 100 euros e 50 euros respectivamente.

A entrega de premios farase o o sábado 10 de febreiro no pavillón do CEIP Virxe do Carme durante o XII Baile da Cachucha. A participación no concurso supón a aceptación de todas e cada unha das bases. A decisión do xurado é inapelable.

Las cookies nos permiten ofrecer nuestros servicios. Al utilizar nuestros servicios, aceptas el uso que hacemos de las cookies. Más información